Monday 29 de April de 2024

O PP de Culleredo faise eco das queixas veciñais por unha entulleira ilegal nas inmediacións do CLT de Ledoño


 Izaskun García, portavoz do Grupo Popular de Culleredo, recolle as queixas dos veciños por novas entulleiras ilegais no municipio.

O Partido Popular de Culleredo pídelle ao Goberno Local que tome medidas ante unha nova vertedura ilegal en Culleredo. “Despois de varias zonas da Zapateira, monte Xalo e mesmo o miradoiro de Alvedro, agora tócalle a Ledoño”, sinala a portavoz popular, Izaskun García.

O Grupo Popular reflicte así o malestar que os veciños lles han trasladado por esta nova entulleira ilegal e incontrolado que temen, convértase en punto habitual de depósito de todo tipo de materiais e aveños, algúns potencialmente tóxicos e perigosos. “Cónstanos que varios veciños puxeron en coñecemento do Concello e da Garda Civil a existencia deste vertedoiro improvisado, e aínda non se procedeu á súa limpeza”.

Os populares piden máis control e, sobre todo, unha máis rápida actuación por parte do Concello para eliminar estas entulleiras e evitar que se convertan en “verdadeiros vertedoiros, xa que se os incívicos ven que a entulleira non se elimina nin se toman medidas sancionadoras, producirase un efecto chamada con mal prognóstico”. A este respecto, o das sancións, inciden desde o PP de Culleredo en que hai “probas e evidencias máis que suficientes para coñecer a orixe de varios dos obxectos alí depositados”. Piden ao Goberno Municipal que implemente medidas de actuación máis rápidas para este tipo de entulleiras incontroladas e ilegais.